Rodeiro, cita da mocidade

RAQUEL TORRES LALÍN

DEZA

RAMÓN LEIRO

A Festa da Xuventude celébrase durante dous fins de semana, o 28 e 29 de abril e o 5 e 6 de maio

21 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A Festa da Xuventude de Rodeiro amplía miras este ano. Nesta terceira edición a concellalía de Cultura dálle un novo impulso celebrándoa en dous fins de semana. A primera cita será o vindeiro sábado no pavillón cun campionato de futbol sala. Para a xornada do 29 están programadas rutas de sendeirismo e viaxes en parapente e paramotor a partires das dez da mañá no monte Faro. Os nostálxicos dos xogos tradicionais poderán disfrutar deles durante a tarde na Plaza da Vila. Ás cinco e media haberá un concurso de manexo de tractor, na carretera de Río. O segundo fin de semana (5 e 6 de maio) da Festa da Xuventude, que este ano prescinde da polémica «pillota do porco», comezará ás once da mañá cun circuito de todoterrenos. Para as tres está prevista unha concentración de motocros. A Escudería Rodeiro fará a súa presentación oficial ás sete na Plaza da Vila nun acto con aliciente culinario. Haberá chourizos, pan e viño. Unha das actividades máis agardadas e o concerto de pop, rock e folck, que dará comezo ás dez da noite do sábado, día 5 de maio, tamén na Plaza da Vila. Actuarán San Kanuto, The Kambotes, Brandián, Nemetóbriga e Mister Simple. O último día concentra unha ringleira de actividades para tódolos gustos e idades; parapente e paramotor (10 horas), pasarrúas de grupos de gaitas (12), concentración de coches e motos antigas (12.30), xantar popular a 1.000 pesetas por persoa (14 horas), festa do rapaz (16.30) e teatro (20.30) co grupo «A Pedreira» que representará a obra «¿Información. Non gracias».