Os compañeiros de Luis Areán, finado en accidente de tráfico en xuño, homenaxéano o 24 e 25 de novembro Os amigos de Luis Aréan ríndenlle unha homenaxe en Lalín os próximos días 24 e 25 de novembro. Este músico polifacético, morto nun tráxico accidente en xunio, é recordado con cariño polas persoas que o coñeceron.
18 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.Por outra parte, o Padroado Cultural impondralle a Medalla de Ouro a título póstumo. Os actos darán inicio o próximo vernes ás 20.30 horas no Auditorio de Lalín coa apertura dunha exposición de decorados e material de obras de teatro do grupo Viravolta nas que participou Luis Areán. Ás 21 horas celebrarase un concerto da Banda de Música de Lalín polo día de Santa Cecilia, coa imposición da Medalla de Ouro do Padroado Cultural a título póstumo. O sábado a homenaxe empeza ás 11 horas con alboradas nas que participan os grupos Os Xuncos de Santiso, Charanga do Doutor Anchoa do Carballiño, Dáme Lume de Bandeira, Gaiteiros «Confraría da Palleta» de Santiago, Gaiteiros «Niño do Cuco», Outras Herbas de Santiso e o Grupo Castro de Toques. Misa na igrexa parroquial Celebrarase una misa ese día a partir das 12.30 horas na igrexa parroquial, cun concerto onde actuarán o cuarteto de Clarinetes «Rigoletto», o cuarteto de trompas «The Piphias Horn Quartet», o cuarteto de trombóns «Sacabuche», mentres que do Conservatorio de Lalín tocarán os quintetos de vento, metais e frautas e o cuarteto de saxofóns. Xantar no Agarimo Un pouco máis tarde, terá lugar o xantar homenaxe no restaurante Agarimo de Lalín. Os interesados deberán retirar antes do próximo xoves, día 23, o bono de comida, que custa 3.500 pesetas. A partir das 18 horas, a comitiva trasládase ata a Praza da Vila para descubrir unha placa homenaxe no palco da música. Alí intervirán Andrés Zara e a agrupación Froitos do Deza. Dúas horas despois, de novo o Auditorio será a sede dun novo concerto no que actuarán o Dúo Nani García (piano) e Roberto Somoza (saxo), o trío Uxía Pedreira (voz), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Alonso (clarinete baixo). Tamén actuarán os combos do Conservatorio Folque de Lalín. Pola noite, ás 22 horas, habrá un magosto popular e actúan «Os Cempés». A organización corre a cargo dos amigos de Luis Areán que poñen a venta uns bonos de apoio ós actos por 1.000 pesetas que se poden retirar en Lalín no Bar Rosaleda, Bar La Marina, Café Camilo, Café Cantigas, Conservatorio, Pub Barriga Verde, Imprenta Alvarellos e Farmacia de Donramiro; en Rodeiro, no Pub Quirós; en Agolada no Bar Aqualatta; en Vila de Cruces, no Cactus; en A Estrada na Santa Sede ou chamando ó 658911492.