O Panda e o Puma

Xosé R. Castro FONDO NORTE

DEPORTES

AFP7 vía Europa Press | EUROPAPRESS

Non é o título dunha serie de debuxos animados, son os alcumes dos dous xogadores do Celta que comparten estancia na Cidade Deportiva de Las Rozas

01 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Panda e o Puma. Non é o título dunha serie de debuxos animados, son os alcumes dos dous xogadores do Celta que comparten estancia na Cidade Deportiva de Las Rozas durante uns días. O Panda, para quedar un mes e medio vestido de vermello para xogar o Mundial, e o Puma, para deixarse ver nos adestramentos na primeira parte da preparación. Os dous representan casos singulares nun mundo do fútbol cheo e clichés e patróns non escritos. Con guións dignos dun cómic ao que sería doado buscarlle trama.

Borja Iglesias, o Panda, é un futbolista con personalidade propia, que vive fóra do rabaño. No seu día, dixo que renunciaba á selección española polo caso Jenni Hermoso e así o mantivo ata que mudaron (medianamente) os tempos e o pasado mes de outubro decidiu atender a chamada. O compostelán mantén durante toda a súa vida as súas opinións e o seu pensamento, aínda que iso lle custe críticas sociais, tanto en redes como no mundo real. Pero, sobre todo, o Panda é un futbolista con merecementos sobrados para ir a un Mundial pola súa traxectoria e polo rendemento nas dúas últimas tempadas, dende que se cruzou na súa vida Claudio Giráldez. Polos goles, polo seu traballo para o equipo e polas alternativas que lle pode dar ao xogo ofensivo da selección española.

@grada.de.rio

Claudio Giráldez, sobre que Borja Iglesias considere que el porriñés es el mejor entrenador que ha tenido. También hablaba de su presencia en el Mundial, conformada días despues de esta entrevista. Hoy ha comenzado la concentración.

♬ sonido original - Grada de Río

O Puma, Javi Rodríguez, era o patiño feo da destacada xeración do 2003 do Celta. O rapaz, coa porta de saída sempre aberta ata que derrubou a do primeiro equipo para converterse nun dos fixos. O de Poio toca á porta da selección (neste caso, para adestrar unha semana), coma sempre: sen avisar e sorprendendo a todos. Seguro que tamén a Luis de la Fuente cando vexa as súas evolucións de preto. Os dous representan un xeito de entender o fútbol con raíces e pegado á terra, unha filosofía con resultados que semella non pasar desapercibida alén do Padornelo.