Os liceístas arrincan na metade da clasificación
21 may 2014 . Actualizado a las 06:56 h.Cun decimosétimo posto na xeral provisional. Así arrincaron onte os irmáns Carlos e Antón Paz a Delta Lloyd Regatta. A terceira proba internacional no calendario de preparación da tripulación do Liceo Casino de Vilagarcía de cara aos seus dous grandes obxectivos esta tempada. O Europeo e, sobre todo, o Mundial que en setembro porá en xogo en Santander as primeiras prazas por países para os Xogos Olímpicos de Río.
A estrea dos Paz en Medemblik, Holanda, resultaba esperanzadora, cun noveno posto na primeira das tres mangas programadas para a xornada de apertura. Pero na segunda os liceístas non foron quen de pasar do posto 27, e na terceira asinaron un 16, para un total de 52 puntos, 14 máis co corte da medal race nunha frota de 34 unidades. Os irmáns Alonso son segundos con 17 puntos, e Botín e Turrado novenos con 33.