O Establecimientos Otero amarra a súa columna vertebral, e o Liceo Casino da un salto de calidade

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

Nigeruk seguirá a ser outro ano un puntal para o Liceo Casino.
Nigeruk seguirá a ser outro ano un puntal para o Liceo Casino. m.m.< / span>

14 ago 2013 . Actualizado a las 14:49 h.

División de Honra

Prometedora tempada a que semella presentárselles aos dous representantes arousáns na División de Honra de Tenis de Mesa, a categoría de prata española, vistos os planteis reunidos tanto polo Establecemientos Otero como polo Liceo Casino.

O conxunto cambadés, o club confirmou onte a continuidade de Kazeem Ahmed e de Adrián Vidal. No caso do africano, tamén como adestrador da base. Ademais, o Establecimientos Otero tería moi avanzado un acordo na mesma liña cos outros dous xogadores que o converteron nun dos conxuntos punteiros do Grupo 1 da División de Honra a pasada campaña. Fernando Padín e o que fora no seu día olímpico con Chile Jorge Gambra.

Canda os xa mencionados, o Cambados TM asegurouse tamén a continuidade de Martín Regueiro e de Ñajo Padín no seu segundo plantel, o Grupo Barros.

Co inicio da Liga fixado para o 5 de outubro, o primeiro equipo da vila do albariño arrincou o pasado luns a súa pretempada, e os días 31 de agosto e 1 de setembro exercerá de anfitrión no Torneo do Albariño.

Pola súa banda, o Liceo Casino non só renovou a columna vertebral do seu primeiro plantel, coa continuidade do ucraíno Sergei Nigeruk, e do hispanoarxentino Andrés Correa, senón que potenciou o equipo coa contratación do vigués Eduardo Barreiro, procedente do Arteal de Santiago de División de Honra e entre os tres mellores do ránking galego absoluto pese a contar só con 19 anos. Barreiro suplirá a José Luis Recuna, que pasa ao conxunto do Liceo Casino na Segunda Nacional.

Os clubs galegos están pendentes de que a Federación Española atenda ás súas protestas e varíe o seu grupo logo de xuntalos con estremeños, andaluces e ceutís.