O E. Otero dá por perdido a Jorge Gambra para o que resta de tempada

vilagarcía / la voz

DEPORTES

07 feb 2013 . Actualizado a las 06:50 h.

«Jorge Gambra posiblemente ya no pueda jugar el resto de la temporada». A directiva do Cambados TM informaba onte de que o xogador franquicia do Establecimientos Otero está a agardar data da mutua para operarse dunha hernia inguinal que xa mermou as súas prestacións a pasada fin de semana no dobre desprazamento arousán a Zaragoza.

«Le están dando largas, y posiblemente tarden en operarlo». A falta de confirmación médica, a información barallada desde o club fixa en mes e medio a recuperación para que o xogador poida voltar a competir. E o 21 de abril remata a fase regular da Liga de División de Honra.

Ata entón ao E. Otero quédanlle sete partidos por disputar. Afortunadamente, só un deles nas catro vindeiras semanas. O día 16 na cancha do Arteal. Martín Regueiro substituirá a Gambra ese día. Adrián Vidal, de volta o día 22 da súa estadía en Italia, reforzará despois o plantel.