Sempre igual.. ata que chegue o lobo

XOSÉ R. CASTRO A TRES BANDAS

OURENSE CIUDAD

21 jul 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Nin catro anos no inferno, nin un ascenso, nin un proceso concursal inconcluso. No Ourense sempre é igual. Da o mesmo ca entidade veña avalada polo retorno a Segunda B ou que o proxecto para o futuro inmediato esté en marcha. Sempre haberá un punto de dúbida e un perigo de derrubamento que algún día acabará por convertirse en real.

O problema tamén é coñecido. A tutela política dun clube que de xoguete pasou a denostado. De trampolín no seu día, a pesada carga en tempos de crise. Ata o día que o CDO sexa capaz de emanciparse non haberá futuro garantido. O probable é que o afoguen antes.