Destaca a seriedade coa que se está a traballar no seu novo clube
09 jul 2012 . Actualizado a las 11:34 h.JOSELU NOVO DIANTEIRO DO COMPOS NA TERCEIRA DIVISIÓN
Joselu (Palmeira, 1987) é Xosé Luís Gómez Pérez, dianteiro que ven de xogar no Cerceda e que será o responsable do gol no novo proxecto do Compostela na Terceira División. Comezou nas categorías inferiores do Palmeira e logo foise para a canteira do Celta, xa dende cadete. En Vigo estivo ata os vinteún anos, logo de catro tempadas no Celta B na Segunda B. Antes do xogar no Cerceda pasou polo Lorca (Segunda B), Reus (Terceira) e Teruel (Tercera e Segunda B). Ano e medio no Cerceda, con vinteún goles, e agora de branquiazul.
-Terá vostede toda a responsabilidade do gol neste novo proxecto no Compostela.
-O Composta ofreceume unha boa proposta deportiva, moi interesante. Asináronse moi bos xogadores, dos mellores da categoría. É una forma moi seria de facer as cousas. Non foi complicado decidirme por este clube.
-¿Cal foi o motivo da súa marcha do Cerceda?
-Ofrecéronme a renovación, pero pensei que o mellor era un cambio de aires. Vir a un clube histórico coma o Compostela é algo que non se debe deixar escapar.
-¿Vir ao Compos é un paso adiante na súa traxectoria?
-Estamos a falar dun clube grande, dunha cidade que merece estar máis enriba. Estou moi contento e satisfeito por formar parte deste proxecto. Non foi complexa a nosa negociación. Chegamos a un entendemento moi doado e axiña.
-Polos movementos que está a facer o Compos haberá que falar dun aspirante ao ascenso, ¿non?
-En canto a potencial, tamén polo nome do clube e dos xogadores que se están a asinar, poderiamos falar do ascenso coma un obxectivo. Pero, ollo, a Terceira é unha categoría moi dura. Teremos moitos reforzos e haberá que darlle un tempo ao equipo para acoplarse.