O xogador do Estradense cre que as baixas son o obstáculo a superar
25 abr 2012 . Actualizado a las 12:24 h.O Estradense afronta a recta final da tempada con máis urxencias das que nun primeiro momento se prevían. Os rivais próximos apertan, e a zona baixa da clasificación en Segunda B non pinta ben. Marcos García sábeo.
-¿Como ve as opcións de salvación do Estradense?
-Está claro que a derrota ante o Areas hai dúas semanas nos complicou a salvación, agora mesmo está máis difícil, pero imos saír a gañar os próximos tres partidos, e despois xa se verá o que pasa.
-Os galegos en Segunda B non axudan.
-Parece que o Coruxo tamén se mete en problemas, e os arrastres poden prexudicarnos moito, pero non podemos pensar niso. Nós, sabendo que todo está difícil, pero temos que saír a gañar, sobre todo os da casa.
-¿Que contas botan, as
da salvación directa ou as dos arrastres?
-Só pensamos en sumar o máximo de puntos posible. Se poden ser os 9, mellor, pero o mínimo é chegar a 42. Con eses puntos salvaríamonos seguro do descenso directo e logo habería que agardar porque o dos arrastres é impredicible porque pode haber tamén ascensos. Iso xa non está na nosa man.
-¿Cal é o maior obstáculo a superar agora mesmo?
-O equipo arrastra moitas baixas. Vicente sufriu un pinchazo, temos tocados a Fafú e Martín Barreiro, que son moi importantes na defensa. Esta semana recuperamos a Pepe e Marcos, pero seguimos sen estar ao cen por cen. Se o equipo recuperara a todos os xogadores, daríanos un plus de confianza.
-A derrota ante o Areas foi un mazazo. ¿Como se atopan de ánimos?
-Agora mesmo non podemos deixar que os ánimos nos afecten. Non temos marxe para pensar no que perdemos, hai que saír a por todas en cada partido e nada máis. En fútbol nunca se sabe o que pode pasar.
-Este domingo, ante o Negreira, haberá unha final.
-Dende o momento en que perdemos co Areas xa sabiamos que o Negreira ía ser un rival directo ao que hai que gañar. Eles están na queima coma nós, así que vai ser un partido moi tenso. Na casa temos que gañar si ou si. Na clasificación salvo o Sanxenxo, que está moi descolgado, o resto estamos todos aí.
-¿Que tal vai a pubalxia?
-Non moi ben, pero agora quedan tres partidos e só pensamos en recuperar durante a semana e xogar.
marcos garcía xogador do estradense
«Non podemos deixar que os ánimos nos afecten»