A PEDAL
12 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Deixando a un lado a magnífica actuación dos máis compenetrados que nunca homes de Kelme e, como non, dos especialistas do Once do galego Marcos Serrano, a crono de onte deixounos unha imaxe para o recordo: o exemplar comportamento de Armstrong despois da caída de dous compañeiros a falla de 12 kms. para a meta, entre os que estaba o salmantino Heras, escudeiro do americano nas etapas da montaña. O dúas veces gañador do Tour non quixo deixar fóra de combate a Roberto e non dubidou en mandar parar ós seus homes para esperar ó binomio accidentado. Foi unha lección de ética e de compañerismo, aínda que tamén da superioridade física e psicolóxica coa que Armstrong afronta o Tour. XESÚS BLANCO VILLAR é director do Clube Ciclista Vigués