A exposición reúne augadas e debuxos, pero tamén porcelanas e documentación sobre a artista
25 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Recuperar a figura de Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) é o obxectivo último da exposición que abre este xoves a Fundación Seoane, baixo o título de A realidade soñada e comisariada por Rosario Sarmiento. Unha chanzo importante na reivindicación da traxectoria dunha creadora merecente de máis coñecemento e recoñecemento, ao que contribuíu tamén a súa designación como figura homenaxeada co Día das Artes Galegas deste ano.
A mostra reúne preto de cen pezas cedidas especificamente por institucións e coleccionistas privados. Deste xeito, poden verse augadas, debuxos, colaxes e unha pequena selección de porcelanas. Ademais, amósanse catálogos de man, recortes de prensa, folletos, revistas, cartas e fotografías, sumando a súa faceta como creadora cun percorrido biográfico. Este apartado complétase co dous retratos a lapis da artista polo seu sobriño, Isaac Díaz Pardo.
A realidade soñada ten, ademais, unha importante compoñente divulgativa da figura de Díaz Baliño, que pretende presentar a través dos tres aspectos principais nos que se dividiu a súa carreira, como son o artístico, o académico e o docente. Esta faceta completase cun documental que inclúe imaxes inéditas de Díaz Baliño pintando e a participación de familiares e profesionais do mundo da arte.
A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 19 de setembro.