Marta Pazos, premio de honra da Mostra de Teatro de Ribadavia

La Voz

CULTURA

SANDRA ALONSO

A MIT presenta o xoves a súa programación para a esta edición

24 jun 2020 . Actualizado a las 14:54 h.

A directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, recibirá o premio de honra Roberto Vidal Bolaño da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O certame, que se celebrará do 17 ao 27 de xullo, recoñece así a traxectoria «dunha das creadoras escénicas máis puxantes do panorama teatral contemporáneo». Dende a organización da Mostra sinálase que Marta Pazos é «unha das mulleres de gran talento, traballo e entusiasmo da cultura galega actual. Alimenta o noso espírito con pezas que nos fan vivir plenamente a festa da vida, os sabores doces e tamén o ácido existir actual. Este premio é a constatación dos valores que fomos descubrindo, do acompañamento que este festival foi realizando, das portas que nos fomos axudando a abrir e do moito que lle queda por voar a esta creadora galega universal». 

A programación da MIT 2020 presentarase o xoves nun acto que se desenvolverá no conxunto monumental de San Domingos de Ribadavia.