No Cebreiro


lugar do Cebreiro no concello de Pedrafita (Lugo) está raiando co Bierzo e supón unha das portas da Galicia actual. Punto clave de entrada do Camiño de Santiago á nosa terra e lugar de descanso, lecer e paso de peregrinos chegados de moi diferentes lugares do mundo. Actualmente, e por fortuna, restaurado do abandono predominante no rural galego e convertido nun espazo con moito encanto, non só pola súa estratéxica situación senón polo conxunto etnográfico de pallozas rehabilitadas que aínda conserva e tamén pola súa historia estreitamente ligada ás múltiples lendas, moitas deles referidas ao propio camiño.

O Cebreiro é hoxe un lugar moi visitado por todos os valores que comentei e por moitos máis pero, que sería del se o camiño non pasase por alí e sobre todo se o seu cura Don Elías Valiña, dende o ano 1959 ata o seu falecemento, non fose o principal estudoso e impulsor do Camiño de Santiago moderno? Pois probablemente correría a mesma desgracia na que están moitos dos núcleos rurais espallados por toda a Galicia interior; despoboamento, abandono e ruína. Non sei se a filosofía daquel home sabio era converter o lugar no que é hoxe en día pero, aínda con detalles claramente mellorables, o Cebreiro é un lugar recuperado tanto humana como esteticamente, cun entorno agradable e seguramente cunhas perspectivas de futuro interesantes se se fan as cousas ben.

O certo é que non só O Cebreiro, senón todos os lugares polos que pasa o Camiño de Santiago débenlle moito a D. Elías Valiña xa que el foi o creador das frechas amarelas coas que recuperou o camiño dende a fronteira con Francia. E conta a historia que nun recóndito lugar dos Pirineos foi visto pola garda civil pintando aquelas frechas, ante a estrañeza, os gardas preguntáronlle que era o que estaba facendo e el respondeu con contundencia; «estou preparando unha gran invasión», e vaia se foi unha invasión co paso do tempo. Agora vese con rotundidade todo o traballo realizado por este home que naquel día tivo que ir ao cuartel a explicar con máis claridade de que se trataba aquelo que estaba a pintar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
23 votos
Comentarios

No Cebreiro