Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía

Xesús Fraga
Xesús Fraga REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

A poeta Pilar Pallarés
A poeta Pilar Pallarés Nuria Cancela

O xurado distinguiu o seu libro «Tempo fósil» por retratar de xeito lúcido e desgarrado a experiencia da perda

31 oct 2019 . Actualizado a las 14:53 h.

A escritora galega Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) vén de gañar este xoves o Premio Nacional de Poesía correspondente ao ano 2019 co seu libro Tempo fósil (Chan da pólvora) O galardón está convocado polo Ministerio de Cultura e ten unha dotación de 20.000 euros.

O xurado distingiu de Tempo fósil o seu xeito de «transmitir con profunda sabiduría y emoción, a un tiempo lúcida y desgarrada, la experiencia de la pérdida y de la destrucción de lo vivido, de lo que nos configura, desde una conciencia del paisaje como un cuerpo vivo».O poemario ten na súa cerna a destrución da casa familiar da escritora -construída polo pai coas propias mans- por mor da ampliación do aeroporto de Culleredo. «No fondo está a perda das orixes, si; a destrución do lugar, esa imposibilidade de que queden xa pegadas físicas», relatou Pallarés a La Voz en agosto do 2018, co gallo da publicación do libro.

Pallarés é un referente da poesía galega contemporánea. Entre os seus libros cóntanse, sobre todo, Livro das devoracións, e tamén Sétima soidade, co que gañou o premio Esquío. A súa anterior obra a Tempo fósil é Leopardo son, publicado no 2011.