Ser perigosamente inesquecible


Ser perigosamente inesquecible, iso é o que te caracteriza.

Sinceramente, moitas veces confeso que te boto de menos, era realmente feliz sen ser consciente diso. Xuntos fixeramos moitas tolemias, xuntos ríramos, choráramos, e aínda que a vergoña poda comigo, sei que fun eu o que che deixou partir… Pero aínda así moverei terra, mar e aire por volverte atopar; por devolver á miña vida esa adrenalina, emoción, e pracer de estar contigo.

A rutina sen ti faise monótona e aburrida, e nesta etapa da miña vida son os recordos os que me matan por dentro, pero o máis doloroso que recordo foi o sentimento de querer quedarse, querendo irse.

Ás veces sinto a túa presenza, e podo observar a luz que desprenden os ollos dos que están contigo. Bótote de menos, e aínda que xurei ser forte tras a túa partida, estou disposto a esperar o que faga falla polo teu regreso... Mentres tanto, quédome co sorriso da última vez que nos vimos, e por iso che escribo esta carta, miña queridiña e fermosa Infancia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
16 votos
Comentarios

Ser perigosamente inesquecible