Heil Hitler!

Yago Barriuso Veleiro. 16 anos. Santiago. Estudante


Xa fai tempo que o aire ule raro. E un abundante fume sae das chemineas da nova fábrica.

-Mama! Ich habe Hunger!

O neno saca á muller dos seus pensamentos. Pecha a fiestra, pero ese cheiro xa impregnou toda a casa. É unha mestura de suor, enfermidade, desesperación. A morte.

O novo Goberno inaugurara a factoría en Oranienburg. Desde entón, moitos novos traballadores chegaran en tren. Pero o certo é que nunca ninguén vira saír a algún deles. Ela sospeita que non existe tal negocio. Pero é mellor non facer moitas preguntas. Ou podería ser a seguinte empregada recrutada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Heil Hitler!