A RAG lembra cun acto o 110 aniversario da estrea do Himno galego na Habana

Estreno del Himno galego en el teatro Tacón de la Habana, el 20 de diciembre de 1007
Estreno del Himno galego en el teatro Tacón de la Habana, el 20 de diciembre de 1007

redacción / la voz

O 20 de decembro de 1907 interpretouse por primeira vez en público o Himno galego. Foi no Gran Teatro da Habana. A Real Academia Galega lembrará a efeméride xusto cando se fan os 110 anos da estrea do Himno. Será este mércores, día 20, ás 19.30 horas no salón de actos da sede coruñesa da entidade, que organiza a actividade en colaboración co Instituto José Cornide.

No acto intervirán o musicólogo e académico correspondente Fernando López Acuña, e o historiador e académico de número Ramón Villares, quen falarán sobre distintos aspectos do Himno. López Acuña centrarase nos aspectos musicais da composición -foi Pascual Veiga quen converteu en melodía o poema Os Pinos, de Pondal-, mentres que Villares abordará o contexto e o significado histórico do Himno, así como da súa estrea na capital de Cuba. A velada concluirá cunha interpretación colectiva da senlleira peza, a cargo de Queiman e Pousa. A entrada é libre ata completar o aforo do local.

Con esta actividade a Academia pecha as celebracións do centenario do pasatempo de Pondal, no marco das cales publicou a antoloxía Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas), nunha edición a cargo do profesor da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro.

Recital e ofrenda floral

Precisamente onte tamén se celebrou na Coruña outro acto en homenaxe ao poeta nacido en Ponteceso. Consistiu nun recital de versos e mais nunha ofrenda floral nos xardíns de Méndez Núñez, ao pé do busto do escritor.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A RAG lembra cun acto o 110 aniversario da estrea do Himno galego na Habana