«A berenguela»

x. f. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Manuel María. Música de Nani García. Ilustracións de Miguelanxo Prado. Editorial Galaxia. 32 páxinas. 25 euros

05 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A escasas semanas do 17 de maio aparecen máis novidades en torno a Manuel María. Un libro-disco recupera a súa obra A berenguela, que se presenta como «opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes», composta por Nani García e interpretada polo Cuarteto Xerión, ademais da narración de María Inés Cuadrado. O volume complétase coas ilustracións de Miguelanxo Prado e un limiar de Francisco X. Fernández Naval. É este autor quen lembra a conexión do público máis cativo coa obra do poeta homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, un segmento lector que mereceu a súa atención. A berenguela, que inicialmente se titulou Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, foi escrita por Manuel María para o grupo de teatro dun amigo, e apareceu en 1979. A espiña pica, sen ela querelo, e por iso mesmo debe enfrontarse coa incomprensión e o desprezo de moitos personaxes que rifarán con ela. A ecoloxía, as clases humildes e a súa relación co poder forman o trasfondo desta obra artellada en nove cadros e que cobra nova vida en relación a outras artes, a música e a ilustración.