A Agadic destina 800.000 euros a treinta e seis longametraxes

La Voz SANTIAGO/LA VOZ.

CULTURA

12 ago 2010 . Actualizado a las 02:26 h.

A Axencia Galega de Industrias Culturais anunciou as axudas a longametraxes para este exercicio que, en total, contarán con 800.000 euros de contía. Do total das axudas uns 450.000 euros estarán destinados ao traballo previo á realización, en total 20 proxectos, mentres que o resto estarán destinado a películas en desenvolvemento. Nestes capítulos se inclúen tamén a produción de contidos dixitais e interactivos en galego.