Aínda que os iniciados evitan comparar o libro físico e o libro virtual e aseguran que convivirán os dous en función dos usos e das necesidades dos lectores, nunha circunstancia o libro eléctrico está claramente prexudicado pola lexislación actual.
O IVE co que está gravado o libro electrónico é do 16% mentres que o libro físico ten un imposto superreducido do 4%, o máis pequeno de todas as modalidades.
Esta diferenza, como explican os editores, prexudica claramente ao comercio do libro electrónico que, entre as vantaxes anunciadas e reiteradamente explicadas, está o do menor custo en relación co libro editado en papel.
Os editores reclamaron xa ao Goberno español un cambio de taxa para este caso, no que sinalan que un libro electrónico cumpre os mesmos cometidos que un libro físico e que, por tanto, debe gozar das mesmas condicións.
Segundo os editores, os Goberno español é favorable a este cambio, pero ten que esperar a unha resolución europea no mesmo sentido para poder facelo efectivo. Entre tanto, co cambio do IVE xeral anunciado, os libros electrónicos verán incrementado o seu prezo unha vez que entre en vigor os novos porcentaxes nO 2010.