As producións cinematográficas galegas percorren diversos países

Juan Fariña

CULTURA

Cinco curtametraxes proxectaranse en Rumanía. «Pradolongo» e «Estigmas» compiten en EE. UU.

04 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

As curtametraxes Mínimo Común Múltiplo , The Werepig , O Hospital , Darío e Verónica e Leo proxectaranse a partir de hoxe na 17 edición do Alter-native International Film Festival, na cidade romanesa de Tîrgu Mures, no distrito de Mures, sito na rexión de Transilvania en Romanía. As curtas que participarán forman parte dos catálogos de promoción internacional de curtametraxes do Consorcio Audiovisual de Galicia, Curtas 09 e Curtas 08.

O percorrido internacional do cine galego continuará con Zeltia Montes, que foi nomeada aos prestixiosos premios Hollywood Music in Media Awards (HMMA) na categoría de mellor compositor novel polo tema principal da banda sonora da película Pradolongo dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes. Os HMMA elixen tan só un reducido grupo de nomeados de entre miles de obras presentadas a concurso dende todo o mundo.

«Soldadiño de chumbo»

Por outra parte O soldadiño de chumbo , o curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Así mesmo, a curtametraxe vén de estar seleccionada no importante festival internacional de stop motion 2009 Montreal Stop-Motion Film Festival . Tamén ten vocación internacional a largometraxe Estigmas , producido pola empresa coruñesa I.B.Cinema, que foi seleccionado para representar a España na mostra Spanish Cinema Now!, que se celebra anualmente no Lincoln Center de Nova Iorque, e que terá lugar entre o 4 e o 24 de decembro. Estigmas , dirixido por Adán Aliaga, gañou o pasado sábado o premio Pilar Miró na Sección Oficial da Seminci de Valladolid.

A proxección de Estigmas en el Lincoln Center significa la tercera vez que es elegida una obra de I.B. Cinema para su proyección en el prestigioso centro, siendo las anteriores el documental La casa de mi abuela , del mismo director, y la animación en stop motion Minotauromaquia: Pablo en el laberinto .