Marco Sonoro

Redacción digital

CULTURA

Hasta el próximo 12 de octubre Galicia disfruta de la nueva música.

04 oct 2007 . Actualizado a las 14:12 h.

Tras el Festival Sinsal, es el turno de los jóvenes experimentadores. Desde el viernes 21 de septiembre y hasta el próximo 12 de octubre, el Marco y Sinsalaudio ponen en marcha un ciclo de conciertos de grupos y artistas gallegos duranto cuatro viernes consecutivos. Todos se reunen bajo el título «Marco Sonoro». Los conciertos y actuaciones tienen un denominador común y son el reflejo del uso generalizado de las nuevas herramientas de la comunicación y de Internet como ventana abierta al mundo. Una dispersión geográfica y apertura musical que estám propiciando un escenario de gran creatividad y variedad, algo impensable hace pocos años.

venres 5 de outubro

20.15 Mequetrefe (Lugo) _rock contemporáneo Xan Molina Quiroga como así se chama mequetrefe, intenta facer un rock diferente, que se escapa dos clichés do mundo indie-alternativo donde predominan tantos clons. As cancións deste Fonsagradino sempre sorprenden, sábese como empezan pero nunca como acaban, como a vida mesma.Benvidos ó son mequetrefe.

20.50 Apenino (Santiago/Vigo) _pop electrónico Marco Maril, o protagonista deste proxecto, é un dos grandes representantes do pop electrónico español e presentará no Museo MARCO o seu segundo disco para Jabalina, soamentes unhas semanas antes de marchar a tocar en China onde foi convidado por un festival.

21.30 Les Telephones Rouges (O Grove) _rock contemporáneo Un gato aplastado por un 2 cabalos oxidado de innumerabeis tendencias a autodestrucción. Ruido multiplicado, berros descarados e tolerías varias. Alterado, improvisado, nocturno. Si. Bofetada de cadáver exquisito.

venres 12 de outubro.

CONCERTO CLAUSURA. Especial Alg-a + Binaural

20.10 Durán Vázquez (Vigo) _electrónica Este xoven vigués é o mellor alquimista analóxico que ten saído da xeneración electrónica galega .O seu traballo é puro ruido artesán e é dos poucos artistas galegos que conta con actuacións en festivais tan importantes como Sonar e Lem.

20.40 AC: Cecilia Blanco e Estela Ballesteros (Vigo) _contemporánea En AC cabe todo tipo de representación que axude a comprender a actitude musical xurdida no século XX. Podemos abandonar o desexo de controlar o son, limpar de música a nosa mente, e dedicarnos ao descubrimento de medios para permitir que os sons sexan eles mesmos.

21.10 Manuela Barile e Rui Costa (Italia/Portugal)_performance_electrónica Manuela Barile explora a voz en todas as súas expresións musicais e faladas, empregando técnicas orientais e occidentais, así como outras da súa propia invención inspiradas nos sons da natureza, animales e paralinguaxe, significando todas as non verbais expresións que rodean a linguaxe común. Manuela non emprega manipulacións electrónicas. A expresión artística de Rui Costa focalízase na creación de texturas sonoras intrincadas a través de técnicas de manipulación computacional de sons e utilizando gravacións de campo e sampling ó vivo de instrumentos acústicos.

21.45 Madamme Cell (Vigo) _contemporánea Este proxecto de Madamme Cell fundaméntase en improvisacións sobre pequenos obxetos ou células sonoras compostas ou deseñadas previamente no piano. Nos concertos ou audioperformances, o proceso resultante é unha sorte de deconstrucción analóxica dalgunhas desas células, que sendo sonoras poden ter un carácter ou intención visual, xestural ou máis estrictamente musical.