Os primeiros pasos dunha cultura que adoptou a súa forma coa chegada da lexións de Roma

La Voz

CULTURA

30 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Os primeiros libros de A Gran Historia de Galicia están dedicados á historia antiga. En total son seis volumes, agrupados en tres etapas principais: a prehistoria, a sociedade castrexa, e a chegada de Roma e a conseguinte transformación social e cultural. Estes tres temas subdivídense en dous libros por tema. Así, o primeiro libro da prehistoria trata dende o Paleolítico ata o megalitismo do Neolítico, e o segundo, o calcolítico e a Idade do Bronce. O segundo gran asunto ofrece, na primeira entrega, a ocupación do territorio e a cultura material da sociedade castrexa e, no segundo libro, a economía, a sociedade, a relixión e a arte desta cultura. Finalmente, a chegada de Roma ten a mesma estrutura que o capítulo anterior, aínda que, na última entrega, inclúe un aparte dedicado ao mundo suévico. Os seis libros que falan desta época están asinados polo catedrático da USC de Historia Antiga José Manuel Caamaño Gesto.