Tres supervivintes da época

La Voz

PADERNE

MIGUEL VILLAR

01 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Neste recordo aos carrilanos había tres que acudiron en persoa: Secundino Fernández, José Romero e Alfredo Fernández, os tres chegados de Paderne. Traballaron sendo mozos arreo na obra da vía, e tiñan que ir a pé ata o posto de traballo alumando o camiño cos candís. Tempos de esforzo entre vales e montes para tender os raíles.