Presentado o libro e o roteiro Pintos

pontevedra / la voz

CULLEREDO

Xosé Abilleira Sanmartín e Ana Acuña Trabazo son os autores do libro editado polo Concello do Roteiro Xoán Manuel Pintos, no declarado Ano Pintos, ao cumplirse douscentos anos do nacemento deste precursor da lingua, autor do primeiro libro da literatura galega contemporánea, A gaita gallega.

O concelleiro Demetrio Gómez presentou a obra, xunto con dous membros da Mesa pola Normalización Lingüística. Precisamente será a mocidade de Mesa a que estreará este roteiro cun paseo guiado mañá, sábado, con saía ás 11 horas, dende O Burgo, concretamente onde estaba a Capela de Santiaguiño, preto de seu lugar de nacimento. Nese día poderán sumarse ao paseo calquer persoa interesada. E colectivos e grupos que desexen facelo noutras datas, deberanse poñer en contacto no Departamento de Normalización Lingüística. O roteiro tamén pódese facer de forma individual seguindo o marcado no libriño, que pódese conseguir gratuitamente no devandito departamento municipal.

O principal obxectivo deste libro é profundizar na figura e obra deste literato que no seu tempo foi quen de loitar pola normalización do uso da lingua galega, falada polo 90% da poboación, pero invisible na vida oficial e tamén na literatura.