O BURGO | 21.00 HORAS
15 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Dentro das actividades organizadas pola Asociación Socio Cultural O Burgo dentro da súa Semana das Letras Galegas hoxe haberá unha tertulia recital sobre a muller na literatura galega e no noso ambiente, coordinado por Xesús Portas Ferro. Levarase a cabo na sede da devandita asociación, na rúa de Manuel Murguía, con entrada libre e aberta.