23 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.
Os achegados a Manuel Rodríguez saben que era un home moi traballador, que loitou toda a súa vida para sacar adiante a coñecida panadaría que leva o seu nome. Unha persoa sabia, coñecedora do seu oficio, e á que acudiron moitos outros panadeiros de Carral para formarse. Manuel herdou dos seus pais o amor polo pan e agora os seus descendentes continúan co legado. O seu fillo, Manuel Rodríguez Bergondo, xa dirixe con mestría o negocio e tamén é presidente da Asociación de Panadeiros de Carral. Ademais, os seus netos xa contan con despachos na empresa. Toda unha saga ligada á cultura do pan en Carral.