Montse Pena Presas emociona con su pregón: «Eu serei sempre unha nena de Sada»

la voz SADA

A CORUÑA

La miembro de la Real Academia da Lingua Galega realizó la lectura en el escenario instalado en el paseo marítimo

15 ago 2023 . Actualizado a las 21:25 h.

Sada realizó este martes la lectura del pregón de las fiestas. La sadense Montse Pena Presas, miembro de la Real Academia da Lingua Galega, fue la encargada de hacerlo en el escenario instalado en el paseo marítimo.

Montse Pena Presas (Sada, 1981) es licenciada en Filología Gallega y doctora en Filología por la Universidad de Santiago de Compostela y máster en Edición por la Universidad de Salamanca. Desde el 2012 es profesora del área de didáctica de la lengua y de la literatura de la USC, actualmente en la Facultad de Ciencias de la Educación de Santiago. Autora de cuatro libros (las biografías de Roberto Vidal Bolaño, Xela Arias y María Victoria Moreno y el estudio Feminismos y literatura infantil y juvenil en Galicia). En junio del 2023, fue nombrada académica correspondiente por la Real Academia Gallega.

Este martes las fiestas contarán con la actuación, a partir de las 22.30 horas, de la orquesta Panorama. Los festejos continuarán hasta el viernes, día en el que habrá la sesión de fuegos artificiales.

El pregón de Montse Pena

É unha unha grande alegría poder acompañarvos este 15 de agosto, polo que o primeiro que quero facer é agradecervos a todos vós o estardes hoxe aquí, poñendo calor a este final da tarde e agradecerlle ao concello que tivese pensado en min para esta celebración, o que sen dúbida é para min unha honra. Se por casualidade alguén se me achegase e me preguntase quen dá o pregón deste ano, eu diríalle que o dá unha nena de Sada. Unha nena de Pazos e da Tenencia, a orgullosa neta dun mariñeiro (bisneta, sobriña e curmá de mariñeiros tamén) e dunha labrega, unha alumna que foi feliz en Mondego e no Isaac Díaz-Pardo, unha rapaza que aprendeu a nadar entre Arnela e Morazón e que volve a eses lugares sempre que pode, unha cativa que aínda se lembra de xogar ás agochadas na praza da Peixería e de bañarse nas plataformas no que parecía ser un verán infinito.

As persoas queremos os lugares porque temos unha memoria apegada a eles que funciona como un mapa dos afectos e podemos lembrar con precisión onde foi o primeiro xogo (na praza da Peixería), a primeira lectura (nas escolas de Mucha e de Sada y sus Contornos), as primeiras amigas (que aquí seguen) ou o primeiro bico (tampouco hai que contalo todo). Queda claro que se eu rememoro todas esas primeiras veces, en ningunha soa deixan de faltar as catro letras que compoñen o nome desta vila, polo que sigo sendo totalmente incapaz, a pesar dos meus máis de vinte anos en Compostela, de dicir que son de alí. Eu serei sempre unha nena de Sada.

As e os sadenses levamos a ría por dentro, como un sistema de circulación propio que nos latexa no interior, e que cando baixa a marea, baixamos nós canda ela, e cando sobe, volvemos subir nós con ela. Porque a ría de Sada é unha tatuaxe, indeleble, na nosa mirada. Por iso, cada vez que ollamos o mar, calquera mar (xa sexa un océano), resulta difícil non contemplar Miño en fronte.

Hoxe é un día de festa e é sabido que as sadenses somos xentes acolledoras. Así o demostraba o noso paisano Ramón Suárez Picallo nunha misiva que lle envía dende Chile, hai case máis de 70 anos, ao escritor Eduardo Blanco Amor:

Yo quiero recoger de tu carta una última frase: «me dices en ella que si tuvieras las tierras que yo tengo, mi casa y el amor de los míos, no pensarías en otra cosa que en cultivar todo eso: yo te juro por el amor y la memoria de mis muertos que en esas tierras, en la casa y en el cariño de los que quedan en mi humilde hogar de Beloy tienes tú, para disfrutarlo (...), la mitad de todo».

E segue a carta, dicíndolle que, se se decide a vir á nosa vila, poderá atopar aquí, alén da súa familia, algunha pequena marabilla, como: Las aguas de mi hermosa ría de Sada, camino de los Caneiros, seguirán azules de día y por la noche encendidas de ardentía, iluminando los cuerpos apolíneos de los muchachos nadadores para delectación de nuestros ojos fatigados; en la plaza de San Roque volveremos a ver los pespuntes mágicos de la muiñeira... Sada fainos ao nacer, dous agasallos: a súa luz nunha mañá de verán e a súa condición de vila aberta, de enclave privilexiado, do que marcharon moitos pero tamén á que volveron moitas. Quizais, porque o perfil lineal da vila, marcada polo seu peirao, funciona como unha sorte de cordón umbilical que nos acaba por traer de novo aquí, inexorablemente.