«García Lorca foi un coruñés máis»

Henrique Alvarellos presenta na Feira do Libro un repaso pola figura do poeta e a súa conexión coa cidade: «Lorca foi un abandeirado da cultura galega: fíxonos un agasallo inmenso»

Federico García Lorca (detrás, en el centro) y el grupo teatral La Barraca
Federico García Lorca (detrás, en el centro) y el grupo teatral La Barraca
A. A.
A Coruña/ Redacción

Un día calquera de 1916. Un piano rechía nos arredores do porto da Coruña... e Federico García Lorca describe: «Na casa do comandante óese un piano. As súas notas chéganme confusas, achégome ansioso...É un aire popular...».

A relación que uniu ao poeta e a cidade dende comezos do século pasado culminou finalmente coa publicación de Seis poemas galegos, peza literaria de valor cultural incalculable, a única escrita polo granadino en lingua non materna. O escritor e editor Henrique Alvarellos retoma hoxe na Feira do Libro aquela relación, coa presentación do seu novo libro: García Lorca en imaxes. Seis poemas galegos, e a proxección inédita dunha metraxe de La Barraca que inclue escenas do poeta en Galicia. 

 -Lorca e A Coruña. Cal foi a clave desta relación?

-Lorca tivo unha relación moi intensa con toda Galicia. Visitou a nosa terra en catro ocasións. En 1916 chegou coma estudante, e volveu en 1932, xa coma poeta consagrado e como director do grupo teatral La Barraca. O seu nexo con Galicia é moi forte, con amizades como Carlos Martínez Barbeito.

-Nexo que culmina cun poemario completo en galego.

-Sí. Seis poemas galegos foi fruto desa conexión, dos paseos polas rúas, das tardes fronte ao mar. Disto trata o meu novo libro: García Lorca en imaxes. Seis poemas galegos é unha viaxe polo carácter enxebre do escritor, pero engadindo todas as fotografías que se conservan del en Galicia, con comentarios e anotacións. Dende 1916 ata 1932. É a primeira vez que se realiza un estudo fotográfico da súa figura en Galicia.

-E que pensaría él ao pasear hoxe polo Parrote ou a Rúa Real? Publicaría un «selfie» ou unha crítica en TripAdvisor?

-Posiblemente ámbas as dúas. Lorca foi un vangardista perdido na tradición, catapultando o rompedor pero sempre apoiado no importante. Foi o artífice desta fusión, que permitiu á literatura nacional abrirse a horizontes máis lonxanos, absorber novas influencias.

-Entón é certo que temos perdida a capacidade de admirar a beleza a simple vista.

-Si, en certo modo. As presas e a inmediatez impídennos deternos nas sinestesias do día a día, na pulcritude do detalle, na beleza do sinxelo. Pero todavía temos a oportunidade de deixalo todo e desfrutar do momento.

-E os rapaces? Son conscientes da importancia que supón que un dos autores máis importantes da nosa historia publicase en galego?

-Por desgraza, non toda a xente o sabe. Seis poemas galegos é a obra en verso no noso idioma máis difundida de todo o século XX. Centos de miles de exemplares traducidos a decenas de idiomas. Imaxina. Realmente Lorca levou o galego por todo o mundo.

-Quizáis non teñan lido «Romanza de Mendelssohn»...

-Dise que o poema está escrito a partir duns acordes de piano que Lorca escoitou nos arredores do porto da Coruña. Aínda que, como comentaba antes, moitos non o sepan, sempre estamos a tempo de deixarnos seducir polo mundano, e o verán é a ocasión perfecta.

-Qué foi o que lle conquistou realmente da Coruña?

-García Lorca tiña unha alma moi sensible. E era precisamente esa sensibilidade a que lle permitía percibir algo que os demáis non podían: o son a e a cor do mar, o asubío do vento e mesmo a beleza dos «edificios de cristal», referíndose ás galerías das construccións herculinas. A cidade realmente calou nel, ata o punto de que cando chegou a Coruña dende Santiago, escribiu: «¡El mar! ¡El mar...! Verde muy verde esmeraldino con espuma».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Comentarios

«García Lorca foi un coruñés máis»