Música tradicional para Fraguas

A orquestra folk SonDeSeu ofrecerá o día 16 de maio en Santiago o concerto do Día das Letras Galegas organizado polo Consello da Cultura

SonDeSeu estrearán unha peza nova en homenaxe a Antonio Fraguas
SonDeSeu estrearán unha peza nova en homenaxe a Antonio Fraguas

Santiago / la voz

Música creada a partir da tradición popular para un defensor, compilador e difusor da cultura patrimonial. A orquestra folk SonDeSeu, acompañada por O Fiadeiro, ofrecerá o día 16 de maio no Auditorio de Galicia de Santiago un concerto en honra a Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas.

A actuación, impulsada polo Consello da Cultura Galega, fará unha homenaxe á cultura patrimonial que axudou a recuperar Fraguas e incluirá na súa apertura a estrea da Suite Cotobade, composta para a ocasión por Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní. Trátase dunha peza que parte de materiais recolleitos no concello natal do autor homenaxeado xunto coa evocación do pasodobre de Viascón. «Non é un formato de suite á maneira culta, senón á tradicional. Non ten interrupcións entre ningunha das súas catro partes. Son quince minutos de desenvolvemento de aires que, seguramente, Antonio Fraguas escoitou na súa infancia e que probablemente tamén cantou, e que se nutren de textos que el recolleu», asegurou Rodrigo Romaní, que engadiu que dende a orquestra SonDeSeu están «moi ilusionados» co proxecto que culminará o vindeiro día 16. Despois da estrea, a orquestra interpretará pezas do seu repertorio habitual.

O concerto do Día das Letras organizado polo Consello da Cultura Galega celébrase este ano en Santiago por ser «onde pasou a maior parte da súa vida, onde viviu rodeado do afecto dos seus veciños e onde foi soterrado», asegurou a presidenta do organismo, Rosario Álvarez. Engadiu que é un cita especial porque «nela quixémoslle dar a voz ao pobo». O Consello tamén presentou onte un sitio web dedicado a Antonio Fraguas e publicará un libro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Música tradicional para Fraguas