«CxG non é tan pechado»

T. S. Betanzos / LA Voz< / span>

A CORUÑA

Alberte Muíño viviu unha etapa moi breve como concelleiro do BNG en Betanzos. Hoxe é un dos responsables de CxG na localidade.

-¿Cal será o elemento diferenciador co BNG?

-CxG non é un partido tan pechado. Estamos abertos ao galeguismo dun corte socialdemócrata, e o Bloque máis comunista, por así dicilo. Calquera ten sitio en Compromiso, nós podiamos encaixar no BNG pero o BNG non pode encaixar en nós.

-Cal sería un bo resultado en Betanzos?

-A propia entrada no Concello. Hai que ser humildes, outros levan máis tempo e cústalles moito.