«Aínda que é un 'thriller' ten moito humor negro»

Fernando Molezún A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

PACO RODRÍGUEZ

18 oct 2013 . Actualizado a las 18:12 h.

Esta noite volta ao escenario do Teatro Colón un dos duelos interpretativos máis celebrados dos últimos tempos. Gaivotas Subterráneas, thriller con Luis Iglesia e Xabier Deive como protagonistas, volta a A Coruña -hoxe e maña ás 20.30- meses despois da súa estrea na cidade e de acumulación de recoñecementos para esta produción teatral na que participa Voz Audiovisual. Onte estiveron os actores sorteando entradas en Marineda City, e hoxe regalaranse seis máis no programa Voces de A Coruña, en Radio Voz.

-¿Sentoulle ben o tempo á obra?

-É unha obra moi exacta, moi precisa, de modo que a medida que a fomos rodando foron aparecendo novos matices. Foise afinando o ritmo, aínda que xa o tiña dende a primeira representación, pero agora vai mellor.

-Pero a relación entre os protagonistas segue igual.

-Iso si que non cambiou. É máis, non mellorou nin dentro ni fÓra do escenario (rin).

-¿COmo podemos definir a estas «Gaivotas Subterráneas»?

-É un thriller psicolóxico que é como unha cebola, a medida que avanza a representación o público vai descubrindo novas capas, cousas e datos que cambian totalmente o conto, ata a gran sorpresa final. E outra cousa que gustaríame engadir é que ten unha alta dose de humor. Humor negro, claro está. Pero a xente ri bastante, aínda que poda sorprender. Pode que só sexa como válvula de escape anta tanta tensión que xera a obra.

-Parece un duro esforzo interpretativo.

-Dende logo, non é unha obra doada. É moi esixente, tes que estar continuamente alerta, aínda que imos botándonos unha man o un ao outro. Pero non é tanto un enfrontamento interpretativo como unha suma das nosas interpretacións.

Luis IGLesia e Xabier Deive Actores de «Gaivotas Subterráneas»