«A discapacidade era case tabú no 1990»

La Voz

A CORUÑA

11 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O centro ocupacional A Escada, de xestión municipal, é, segundo indicou a edila de Benestar, Raquel Jabares, o único destas características en Galicia. A actual directora, Pilar Martínez, sinala os inicios a finais do ano 90, pero no 2008 houbo unha reforma intensa e estrutural das instalacións nas que están: as antigas oficinas da Cros, no Burgo. Teñen capacidade para 20 usuarios. Hai 15: de Culleredo, Carral, Cambre e A Coruña. O resto de prazas están vacantes.

-¿Un servizo fundamental?

-Si, porque para estas persoas, unha vez que saen do instituto, non hai moitos recursos, á marxe de asociacións. Ofrecemos unha formación completa, dende o público. Para os usuarios é un punto de encontro. Fomentamos a súa autonomía persoal.

-¿Cambiou moito a situación?

-Culleredo sempre foi pioneiro en servizos sociais e na aposta por este centro. Dende hai dous anos, a Deputación subvenciona parte do mantemento: é a única axuda a maiores. Das 11 prazas de cullerdenses, o Concello paga o 100 %. A Xunta nunca nos chegou a subvencionar como centro: se sae algunha axuda pídese, pero son poucas. Aínda así abriuse camiño: partimos do 90, no que a discapacidade era tabú. Tratamos de visibilizala e en Culleredo lévase traballado moito.