Concerto de cantos de Nadal no Forum

La Voz

A CORUÑA

O ciclo Forumfolk presenta como broche da súa programación de outono-inverno 08 no Forum Metropolitano da Coruña o concerto participativo Cantos de Nadal. Trátase dunha iniciativa municipal encamiñada á recuperación desta tradición. O concerto terá lugar hoxe ás 20 horas. A entrada será gratuíta. Contará coa participación das distintas asociacións de música tradicional da cidade.