Entrevista | María Recarey Buño Poucas veces usa bata, xa que no seu traballo fabrícanse formigón, vigas, asfalto e ata se proban as correntes hidráulicas
17 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.?nha planta enorme dedicada a laboratorios e unha soa técnica. María Recarey Buño (Carballo, 1976) comezou a traballar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos en 1998 para desenrolar un proxecto para estudar o formigón nas vigas, e tres anos máis tarde sacou un concurso por oposición para ser técnico de laboratorio neste centro, no que é a única que desempeña esta labor. -¿Como é o seu traballo neste facultade? -Divídese en dúas partes. Está o mantemento dalgún aparato por si falla, e está dentro das miñas posibilidades arranxalo; e tamén, me dedico a preparar as prácticas dos docentes, a buscar os materiais, chamar aos provedores, e incluso algún profesor me pide que estea presente nas clases. -¿Non é moito traballo e moitos laboratorios para unha persoa soa? -Si. Polo menos faría falla un técnico pola mañá e outro pola tarde, aínda que o ideal sería que houbera un técnico por cada un dos oito laboratorios. Polo momento, os profesores procuran repartirse un pouco e me axudan moito. Ao principio estaba un pouco perdida, pero os responsables do centro portáronse moi ben e axudáronme moito. Con máis persoal non andaría tan agobiada e iría con máis calma, porque, hai veces, que fallan todos os aparatos xuntos ou lle toca facer o mantemento a todos á vez. -E ademais dos docentes, ¿tes algunha axuda máis? -Podemos reclamar a axuda dalgúns becarios ou rapaces que están facendo o proxecto técnico, que lles equivale a tres asignaturas, pero coas novas titulacións en Obras Públicas e Aviación, cada vez hai máis alumnos e prácticas -¿Que fan os alumnos nestas prácticas? -Nas prácticas eu estou de apoio e os estudantes teñen que facer todo. Poden facer desde vigas, ata probetas de formigón ou asfalto para probar a súa resistencia. No laboratorio de hidráulica proban as correntes de auga e sempre acabo mollada, menos mal que este ano déronme botas e un pantalón de augas. -¿Que é o que máis lle gusta do seu traballo? -A verdade é que me gusta moito todo o que fago, porque todos os días fago cousas distintas, porque cada un dos laboratorios é un mundo diferente no que se fan probas totalmente distintas.