17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
? agrupación socialista coruñesa recordou onte que o vindeiro venres entregarán un dos dous galardóns (Narrabreve e Millenium de cultura) que crearon para conmemorar o Día das Letras Galegas. «É un encargo persoal de Javier Losada e do que xa levamos catro edicións distinguindo as persoas que destacan polas súas creacións en língua galega e pola súa defensa da cultura», destacou onte Pedro Vasco, secretario de cultura dos socialistas coruñeses. Ambos premios pretenden fomentar ao mesmo tempo a creatividade e o uso da lingua galega.