Un búnker con andamio

Xosé R. Castro FONDO NORTE

GRADA DE RÍO

23 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Luis Enrique trabúcase de inimigo. Os rivais do Celta non están fóra do campo, senón detro del. O Rayo non gañou por un par de paragrafos sobre un adestramento, senón porque leu mellor o partido, foi superior e tivo máis acerto que o Celta. ¿Acaso alguén con bolígrafo era o encargado de anular a Trashorras ou o da gravadora era quen corría con Jonathan Viera no 0-1?

Luis Enrique pode facer o que lle pete cos adestramentos. Pode seguir a moda dos clubes grandes malia que estea nun, por fortuna, aínda de índole familiar, pero non debe buscar escusas para alonxar ao celtismo do seu equipo. A nivel informativo, quen sae perdendo é o siareiro.

Queda por ver se facer da Madroa e de Balaídos un búnker dá puntos. Hoxe poderemos ver a capacidade de sorpresa dun partido preparado a conciencia e sen máis miradas que a de Luis Enrique no seu andamio. A culpa non é súa.