Presentan a plataforma cidadá Queremos Galego

La Voz

CDLUGO

Máis de cincuenta asociacións da comarca de Lugo e persoas a título individual contituíron onte a plataforma cidadá Queremos Galego a favor do idioma. O acto tivo lugar esta tarde no salón de actos da Deputación e nel déronse cita persoas de distintos eidos sociais.

A escritora Marica Campo exercerá como portavoz desta plataforma «aberta e heteroxenea» que pretende aglutinar, según sinalaron, «a persoas de todas as sensibilidades que sintan o galego como seu e queiran protexelo e difundilo». Ao acto asistiron personas do mundo do deporte, como o dianteiro do CD Lugo Sergio, ou os irmáns Vallejo, escritores como Xosé Miranda, representantes de colexios profesionais, como o de Enfermería ou o de Arquitectura, e membros das asociacións que integran a plataforma neste momento, dende asociacións veciñais como a da Milagrosa, a asociacións culturais como o Instituto de Estudos Chairegos, LugoPatrimonio, o Clube Valle Inclán, María Castaña ou Ergueitos; a sindicatos como STEG, CIG ou CC.OO.; ou mesmo grupos de música como Fuxan os Ventos ou Quempallou. A iniciativa está aberta a todos.