Axudas ó deporte

CARLOS VÁZQUEZ

CDLUGO

TRIBUNA | O |

04 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SEGURAMENTE TEN razón o presidente da Deputación Provincial ó dicir que esta institución preocúpase polo deporte. O que haberá que ver e si o Club Deportivo Lugo debe estar entre os que reciban contribucións públicas. Máxime si é para sufragar a débeda que a entidade deportiva ten con oito xogadores ós que non lles pagou. E pregúntome: ¿Que teñen estes traballadores do deporte rei que non teñan os que desenvolvan calquera outra actividade laboral? Cada ano hai en Lugo, como noutros sitios, empresas que pechan ou despiden a traballadores sen abonarlles a cantidade que lles correspondería. Normalmente a parte máis débil vese obrigada a acudir ós tribunais para esixir que alomenos se lles pague o que a lei dispón. Algo que ó parecer estaban dispostos a facer, e con razón, os antes referidos. Agora ben, ¿está xustificado que a Deputación interveña nesto? Tendo en conta, sobre todo, que non falamos de axudar ó deporte de base nin á formación da nosa xuventude. Poida que todo o problema se resolvera con que si o club non é quen de cumprir coa súa categoría, descenda a outra onde si poida pagar ós xogadores; é dicir, traballadores.