Alana súmase ás residencias artísticas en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Alana, de residencia artística no auditorio de Vimianzo
Alana, de residencia artística no auditorio de Vimianzo .

O grupo prepara o lanzamento do seu segundo disco, «Un saber». Levará, así, algo do selo de Soneira

19 mar 2026 . Actualizado a las 23:01 h.

Hai xa un tempo que a Casa da Cultura de Vimianzo se ten revelado espazo de residencias artísticas. A elas vén a sumarse o grupo Alana, trío musical integrado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e o vimiancés Pablo Castro. Será un tempo de traballo ben importante antes de presentar o seu segundo disco, Un saber, perfeccionando deste xeito a súa identidade sonora: «Esta estancia permitirá ao grupo perfeccionar o seu proxecto e explorar novas sonoridades nun espazo pensado para a creación musical e escénica», indican dende o Concello. Trasladan, ademais, que o auditorio vimiancés dá así un paso máis na consolidación dos eu programa de residencias, erixíndose «punto de encontro entre artistas e comunidade». A iniciativa forma parte da programación municipal de apoio á creación artística. Deséxanlle á formación «os mellores éxitos».