O concurso será o 14 de febreiro, con punto de encontro na Praza do Concello ás catro da tarde
24 ene 2026 . Actualizado a las 16:23 h.O sábado 14 de febreiro, día dos namorados, será cando o Concello de Vimianzo festexe o seu entroido, con máis de 3.000 euros en premios e inscricións ata o día 12 na sede electrónica ou no Rexistro do Concello. O punto de encontro está fixado para as 16.00 horas na Praza, de onde sairá o pasarrúas para logo, ás 17.30, celebrarse o concurso, con posterior sesión de baile a cargo de Pablo Reboleiro e Marta Alonso (20.00). Os premios entregaranse ás 21.00.
- Comparsas: mínimo 20 persoas, premios de 1.000, 500 e 200 euros.
- Grupos: de 3 a 19 persoas. Premios de 300, 200 e 100 €.
- Familias de Vimianzo. Mínimo 6 integrantes e tres xeracións de Vimianzo. Premio único de 200 euros.
- Parellas: 100, 75 e 50.
- Individual infantil (menos de 16 anos): 60, 40 e 20 euros.
- Individual adultos (máis de 16 anos): premios de 100, 75 e 50 euros.