Será este sábado 20 de decembro, ás 21.00 horas, no iglú da Praza do Concello
19 dic 2025 . Actualizado a las 20:39 h.Sábado 20 • 21.00 horas • A banda Alana —Antía Vázquez, Eloy Vidal e o vimiancés Pablo Castro— despedirá os concertos deste 2025 en Vimianzo. Será a deste sábado 20 de decembro, 21.00 horas, na carpa da Praza, unha das últimas entregas do seu primeiro disco, O xeito á cántigha, e ademais un peche de ciclo, pois foi na capital de Soneira onde debutaron. Haberá algunha que outra sorpresa, segundo adianta a formación. Referencian o especial da localidade por todas estas cuestións.
Será un sábado, polo demais, ben intenso en Vimianzo. Funcionará o bombo da campaña Mercabólas dende as 18.00, o Recuncho Gastronómico de 12.00 a 00.00 e a pista de xeo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 23.00 (5 euros). Tamén seguen os Cantos de Nadal con Teté Teatro e o grupo de gaitas O Revoltixo: ás 17.00 no salón parroquial de Castromil (Salto) e ás 19.30 en Castrelo.