Vimianzo convoca o concurso de fotografía «Luz na soidade»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

.

É un certame de fotografía incluído no programa municipal «Conectando corazóns», co apoio de Xeal

06 nov 2025 . Actualizado a las 23:23 h.

A área de Benestar Social, Igualdade, Ensino e Mocidade de Vimianzo vén de convocar a primera edición do concurso de fotografía Luz na soidade, iniciativa enmarcada no proxecto municipal Conectando corazóns, para a loita contra a soidade non desexada e o illamento social. O certame, financiado por Xeal, procura expresar, a través das olladas creativas, a importancia das redes de apoio e dos vínculos humanos. A participación, segundo avanzan, está aberta a que todas as persoas maiores de 16 anos que así o desexen, cunha única proposta en cada caso, sempre inédita. O prazo: ata o día 30 de novembro, enviando os traballos aocorreo luznasoidade@vimianzo.gal. A entrega de premios será o 19 do mes vindeiro (20.00 horas).

Hai catro galardóns: 400, 200 e 100 euros, ademais dun premio que outorgará o público (tamén 400 euros), este último segundo as reaccións positivas que se acumulen na páxina de Facebook do Concello. Servizos Sociais seleccionará vinte fotografías finalistas.