Vicente Mohedano, na casa con «Código Alfa»: Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

Intervén hoxe, venres, nas Noites no Castelo da capital de Soneira: 23.00 horas, acceso libre

14 jul 2023 . Actualizado a las 19:39 h.

«A normalización da presenza feminina empoderada nos diversos ámbitos da vida en sociedade parece ter collido despreparada e despistada a masculinidade rampante e confiada. Código ALFA. Masculinidade en conflito. Masculinidade en construción». Afiadas palabras estas coas que se ten presentado o espectáculo que este venres 14 de xullo se poderá presenciar nun emprazamento certamente simbólico, o patio do castelo de Vimianzo. Unha temática de sumo interese que exporá a modo de narración oral e humor, ademais, un veciño. Vicente Mohedano intervén na súa casa: 23.00 horas. Acceso libre Son as Noites no Castelo.