Vimianzo agarda xa polo «Asalto ao Castelo máis musical»

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Presentada a 24.ª edición da festa, coa xornada principal o 6 de xullo, pero moitas actividades máis

24 jun 2019 . Actualizado a las 16:01 h.

A dúas semanas do día grande da festa (sábado 6 de xullo), a fortaleza vimiancesa vén de acoller a presentación da 24.ª edición do Asalto ao Castelo, «unha das edicións máis musicais», como a definiu Manuel Rial, integrante da asociación Cherinkas. É a grande aposta deste ano, cun dobre concerto na Cea Medieval do venres (A Requinta da Laxeira e Blues do País) e con animación constante na tarde do sábado -Monoulious Dop, Trampulleiro e Vai de Roda-, ademais dos concertos nocturnos a cargo de Luar na Lubre, Esne Beltza, Mafalda e Skandalo Gz. É o groso dunha «festa moi musical, moi animada», pero hai máis propostas, «para vivir na rúa e por suposto no castelo», dixo Rial.

Varias novidades

A representación do Asalto e as actuacións, así como os pinchos irmandiños, por exemplo, son eixos do encontro, que a propostas xa asentadas como o Asaltiño, a Feira Artesanal, a visita dramatizada ao castelo, o desfile das Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira ou o pregón e izado da bandeira irmandiña, sumará este ano novas propostas, como unha demostración de esgrima antiga co Club Falcata de Vigo; a presentación do libro ilustrado por Rubén Rial «Romance Irmandiño (para un Cantar de Cegos»), con textos de María Xesús Barbeira; ou un xadrez humano, do que deu conta Marta Miñones, de Axvalso.

Novas xeracións

Contou que a idea xa viña dende hai anos e que se trata de implicar aos máis novos, rapaces de primaria, na súa maioría. Buscan futuro nas novas xeracións porque, como aseverou Manuel Rial, «esta é unha festa feita pola veciñanza, polo propio pobo». Non hai unha empresa allea, senón que é o empuxe das entidades Cherinkas e Axvalso, particularmente, co apoio do Concello vimiancés e a Deputación, o que permite seguir medrando: «Isto empezou sendo algo moi pequeniño e hoxe é unha referencia». Abundou nesta idea Mónica Rodríguez, nova alcaldesa e portadora orgullosa da camiseta do Asalto, como os que onte acudiron á presentación: «Para min isto é algo novo, e é unha satisfacción estar hoxe aquí. Non podo deixar de agradecer e felicitar ás asociacións polo seu traballo, porque me consta que hai que perder moito tempo da vida diaria, e tamén das vacacións para organizar isto. Toda esa entrega vosa é fundamental. Pídovos que contedes co Concello como ata o de agora, estamos á vosa plena disposición». Fixo fincapé, tamén, no apoio económico que supón a festa para a hostalaría e o comercio local, e aproveitou a presenza do deputado provincial José Manuel Pequeño para lembrar que no 2020 se cumprirán os 25 anos, «así que se chega algo máis de axuda, benvida sexa».

BASILIO BELLO

O organismo provincial é o titular do castelo de Vimianzo, patrimonio destacado desta celebración á que a Deputación vén destinando nos últimos anos unha cifra que se move arredor dos 30.000 euros, dixo Pequeño: «Son 24 anos dunha festa atípica, nin medieval, nin histórica, nin folclórica, senón unha mestura de todo iso. Sen a implicación e participación dos veciños sería imposible que perdurase no tempo como fixo, é unha festa do pobo». Enriquécena as «aportacións novas».

Na presentación de onte estiveron presentes, ademais, outros membros do goberno e das asociacións organizadoras. Este ano darase por fechado 550.º aniversario da Guerra Irmandiña, conmemorando a derrota da Revolta.

As datas que non debería perderse

  • Sábado 29 de xuño. A quinta Legua Irmandiña abre a festa con deporte. Ás 21.00, na Praza, dá comezo oficialmente a festa coa celebración da quinta Legua Irmandiña, con distancias do medievo e meta no castelo. Inscricións en galitiming.com.
  • Do 2 ao 6 de xullo. Pinchos irmandiños de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 21.00. Organiza Hostalaría de Vimianzo e participan 14 locais. Propostas con produtos que existisen no século XV en Galicia. Premiarase establecemento mellor decorado e mellor petisco. 
  • Venres 5 de xullo. Enlace irmandiño e décima Cea Medieval no Foso. Ás 21.00 e 21.30. Entradas xa esgotadas. As parellas interesadas poden contactar coa organización. Dende a 01.00, dous concertos con A Requinta da Laxeira e Blues do País. 
  • Sábado 6 de xullo. Concertos pola tarde, novidade, e de noite. A xornada grande. Monoulious DOP, Trampulleiro e Charanga Vai de Roda animan a tarde. A noite será cousa de Luar na Lubre (22.00), Esne Beltza, Mafalda e Skandalo GZ. 
  • Sábado 6 de xullo. O Asalto propiamente dito. Na medianoite do sábado 6 de xullo. Momento álxido da festa: o público convértese en forza irmandiña. Os nenos terán o seu Asaltiño ás 16.30. Pregón con Alba Mancebo ás 20.10.

Todo o programa, en detalle

SÁBADO 29 DE XUÑO

  • 21:00 | V Legua Irmandiña (Praza do Concello-Castelo de Vimianzo)

MARTES 2 DE XULLO

  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros Medievais Infantís (Casa da Cultura)
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario mínimo) | XII PINCHOS IRMANDIÑOS

MÉRCORES 3 DE XULLO

  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros Medievais Infantís (Casa da Cultura)
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario mínimo) | XII PINCHOS IRMANDIÑOS
  • 21:30 | Preestrea da Representación Teatral Asalto 2019 (Casa da Cultura)

XOVES 4 DE XULLO

  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros Medievais Infantís (Casa da Cultura)
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario mínimo) | XII PINCHOS IRMANDIÑOS
  • 19:00 a 23:00 | Foliada: A. C. Trubisquiña (Rúa)
  • 20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
  • 20:00 | Des-enterro Irmandiño (Pasabares)

VENRES 5 DE XULLO

  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros Medievais Infantís (Casa da Cultura)
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario mínimo) | XII PINCHOS IRMANDIÑOS
  • 20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
  • 21:00 | III Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)
  • 21:30 | X Cea Medieval (Foso do Castelo)
  • 00:30 | Portas Abertas. Esconxuro da Queimada
  • 01:00 | Concertos: A Requinta da Laxeira e Blues do País

SÁBADO 6 DE XULLO

  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
  • 10:00 a 20:30 | IX Feira Artesanal (Praza do Concello)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario mínimo) | XII PINCHOS IRMANDIÑOS
  • 10:30 | Presentación do libro Romance Irmandiño (para un Cantar de Cegos)
  • 11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
  • 11:00 a 12:00 | Xogos de Mesa Irmandiños (Demo): INCUDE
  • 12:00 | Xadrez: Torneo de Rápidas + Torneo de Clash Royale: INCUDE
  • 12:15 | Técnicas de Combate Medieval (Demo): Club Falcata HEMA
  • 12:45 | Xadrez Humano
  • 13:15 | Taller de Esgrima: Club Falcata HEMA
  • 13:30 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
  • 16:00 | Aturuxos Irmandiños: Arenga Musical con Medio Quinhón
  • 16:30 a 17:45 | ASALTIÑO
  • 16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
  • 17:00 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
  • 17:15 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
  • 17:45 | Viaxe no tempo. Historia Dramatizada do Castelo (Patio do Castelo)
  • 18:15 | Técnicas de Combate Medieval (Demo): Club Falcata HEMA
  • 18:45 | Taller de Esgrima: Club Falcata HEMA
  • 19:15 | Músicas do Mundo Revolucionarias
  • 19:30 | V Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira
  • 20:10 | Pregón (Alba Mancebo, xornalista) + Izado da Bandeira Irmandiña
  • 20:20 | Des-Concerto: Monoulious Dop
  • 20:30 | Circuíto Musical (Rúa): A. C. Trubisquiña, Kosoko Nasera, A. Feminista As Curandeiras, Medio Quinhón
  • 21:15 | Música con Marcos: Monoulious DOP; Trampulleiro (Praza Castelao), Charanga Vai de Roda (Praza Castelao + Foso do Castelo)
  • 21:00 | CEA
  • 22:00 | Luar na Lubre
  • 23:30 | ASALTO AO CASTELO
  • 01:00 | Esne Beltza
  • 02:30 | Mafalda
  • 04:00 | Skandalo GZ

DOMINGO 7 DE XULLO

  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
  • 12:00 | Visita Guiada (Castelo)
  • 13:00 + 17:00 | Castelo Vivo, un Paseo pola Historia: Quinquilláns (Castelo)