Dez concertos no Comarea de Muxía: entradas á venda dende este vindeiro luns

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

Carlangas pasará polo festival Comarea de Muxía este 2025
Carlangas pasará polo festival Comarea de Muxía este 2025 LAURA LEIRAS

Carlangas ou Coco María son algunhas das propostas musicais. Todo, do 4 ao 7 de decembro

25 oct 2025 . Actualizado a las 00:41 h.

O festival Comarea de Muxía xa ten cartel completo para a súa edición do 2025, do 4 ao 7 de decembro. Bonita & Sabrosa, Carabela, Carlangas, Coco María, Raz & Afla, Zars B, Antela, Balklavalhau, Pulpiño Viascón e Skanderani Band son as dez propostas, concertos nalgúns casos gratuítos e noutros de pago. Estes últimos concentraranse na xornada do domingo 7, no cámping-Lago Mar, e serán os de Bonita & Sabrosa —dúo de DJ—, Carabela —revelación da nova música galega—, Carlangas —recoñecido vocalista e guitarrista de Novedades Carminha—, Coco María —auténtico fenómeno mexicano—, Raz & Afla —unha versión moi propia do Afro House— e Zars B, produtor e DJ. As entradas sairán á venda este próximo luns, 27 de outubro, a partir das doce da maña.

De par da música, o Comarea, impulsado dende a cooperativa xuvenil Horta Creativa, incluirá tamén faladoiros, obradoiros e outras actividades en distintos espazos da vila. Foi no 2015 cando iniciaba a súa andadura, co ánimo de desestacionalizar o ocio e de apostar pola cultura no rural, buscando «unha experiencia integral».