«Tres vellas na romaría» abrirá este sábado o Outono en Escena de Muxía

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

«Tres vellas na romaría» é un espectáculo de narración oral
«Tres vellas na romaría» é un espectáculo de narración oral BASILIO BELLO

O ciclo incluirá propostas «de primeiro nivel» dende esta fin de semana ata o 13 de decembro

03 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • Vén de presentar o Concello de Muxía o ciclo de teatro Outono en Escena, iniciativa que botará a andar mañá mesmo con Tres vellas na romaría, un espectáculo de narración oral a cargo de Producións Teatrais Excéntricas, protagonizado por Celso Sanmartín, José Luís Gutiérrez e Quico Cadaval. Humor, memoria e tradición nunha función cun custe de entrada de 1 euro, e prevista para ás 20.00 horas no Salón do Voluntariado.

Outono en Escena conta co apoio da Rede Cultural da Deputación e «nace co obxectivo de facer de Muxía un lugar onde a cultura teña un papel protagonista todo o ano, con espectáculos de primeiro nivel», en palabras do alcalde, Javier Sar. «Unha oportunidade para achegar o mellor teatro galego á veciñanza», di do seu lado a edila de Cultura, Sandra Vilela. Talía, Malasombra, Títeres Alakrán, Butacazero ou Avelino González pasarán ata o 13 de decembro pola vila da Barca. Entradas: un euro no caso das pezas para adultos, e gratuítas as familiares.