A directiva de Mallas de Area dá «un paso a un lado» na organización das festas
MALPICA DE BERGANTIÑOS
A comisión agrade a todos cantos axudaron a forma de celebrar «aberta, popular, cultural e con identidade»
15 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A comisión de festas de Malpica —asociación cultural Mallas de Area—, enfrontará cambios. Así os deron a coñecer este mércores cun comunicado nas súas redes: «Por circunstancias persoais sobrevidas na maioría das persoas que formamos parte da comisión, vémonos na obriga de dar un paso ao lado na organización dos festexos. Non por falta de vontade nin de ilusión, senón porque a realidade vital así o impón. Non é unha decisión desexada; queriamos continuar cando menos un ano máis, pero as circunstancias impóñense», din nesas liñas. Agradecen a comercios, negocios, colaboradores, patrocinadores e veciños, por apoiar «unha maneira de facer festa aberta, popular, cultural e con identidade». Precisan que isto non supón un abandono dos proxectos culturais de Mallas de Area, outra das partes importantes do traballo da entidade. Trasladan que, de haber colectivo ou persoas interesadas en asumir as tarefas da comisión, poden contactar, xa que había traballo avanzado.