Tributo a Estopa hoxe, venres, en Seaia, Malpica 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Os populares artistas Estopa
Os populares artistas Estopa PACO RODRÍGUEZ

Comezan tres días de celebración na localidade bergantiñá. Mañá actúa a orquestra París de Noia

09 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación cultural e deportiva San Xulián, co apoio do Concello, organizou dende hoxe ata o vindeiro domingo, día 11, tres días de festa en Seaia, Malpica. Comezan forte, pois o plan desta noite pasa por un tributo a Estopa, da man de Cacho a Cacho, considerado un dos mellores do panorama estatal. Esta primeira velada rematará con DJ. Non menos empeño puxeron na xornada de mañá, con pasarrúas a cargo de Carcaxía, sesión vermú co grupo Ritmo, inchables para os nenos dende as 17.30 e gran verbena con París de Noia, Ritmo, DJ Charlie e DJ Roy. Finalmente, o domingo, haberá de novo pasarrúas con Carcaxía, misa solemne ás 12.30 e remate musical con Matices. O campo da festa estará cuberto por carpa, para favorecer a asistencia sen frío.