«A miña incerteza durou ata que vin as sete mans levantadas no pleno»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCIA

26M: NOVOS ESCENARIO | «Traballarei, xunto cos meus compañeiros para darlle un impulso a Malpica, porque o precisa», afirma o novo alcalde de Malpica, o socialista Walter Pardo 

18 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sempre que ten ocasión presume de ter nacido o mesmo día que se aprobou a Constitución española: o 6 de decembro de 1978. Walter Pardo Añón foi elixido candidato polo PSdeG-PSOE hai menos de tres meses e dende o pasado sábado é o novo alcalde de Malpica grazas aos apoios de BNG e Ciudadanos. Foi o de Malpica un dos plenos de investidura máis emocionantes que se lembran na comarca nos últimos anos, pois decidiuse nos instantes finais. O agora rexedor sufriu dabondo, incluso moito antes de ser investido. Estaba preso dos nervios.

-Xa está máis tranquilo?

-Agora si, pero paseino moi mal o sábado. Incluso non durmín na noite anterior polos nervios.

-Pero non tiña todo amarrado de antes?

-Non, falaramos con Dani [García, voceiro do BNG] e con Cañizo [Ciudadanos] en varias ocasións, pero eu non sabía con certeza o que ían facer no pleno. O BNG tivera unha xuntanza o mesmo venres pola tarde-noite para decidir que facían. A miña incerteza durou ata que vin as sete mans levantadas.

-Emocionouse coma un rapaz.

-Foi a miña forma de descargar todo o que tiña acumulado. Foron uns últimos días moi longos, de moitos nervios, pero xa pasou. Cumprín un dos soños: poder representar aos meus veciños de Malpica, e espero non defraudalos.

-José Manuel Lage Tuñas, o secretario de Organización do PSOE provincial, acudiu ao pleno de investidura. Non lle di nada a súa presenza?

-Sorprendeume moito velo no salón de plenos, pero, repito, eu non sabía o que ían facer os meus compañeiros na sesión de investidura.

-Que tal o primeiro día no despacho de alcaldía?

-Ben. Tratei temas co anterior alcalde, Eduardo Parga, e agora ando a mil por hora con cuestións administrativas. De feito, unha das primeiras cousas que fixen esta mañá [por onte] foi darme de alta na firma electrónica.

-Xa teñen repartidas as áreas de goberno os tres partidos?

-Non, o que falamos nos últimos días foi da investidura, de escoller ao alcalde, nada máis. Agora toca falar de cargos e dedicacións.

-Será un goberno a tres bandas?

-Non sei o que fará o BNG. A miña idea é que os dous concelleiros se sumen a este novo proxecto político, pero non sei se aceptarán ou gobernaremos en minoría. Iso está por ver.

-Alfredo Cañizo tivo problemas serios nos mandatos de José Ramón Varela Rey (PSOE) e Eduardo Parga Veiga (PP). Teme que se repita a historia con vostede?

-Non, seguro que non vai suceder. Temos claro o que queremos para Malpica e creo que vai ser un acordo frutífero, seguro. Confío moito na súa experiencia política para os vindeiros catro anos de mandato.

-Que consello lle deu a familia unha vez recollido o bastón de mando?

-Que sexa humilde sempre, que estea cos pés no chan, que escoite a xente e que actúe sempre dentro da honestidade. Dixéronme que se actuaba así todo me iría ben. Son consellos que penso seguir ao pé da letra.

ANA GARCIA

Vai co cargo: máis preguntas

-Quen foi a primeira persoa en felicitalo trala sesión de investidura?

-A familia que estaba no salón de plenos.

-E a primeira chamada de teléfono?

-Se lle digo a verdade non o sei, porque tiven o teléfono apagado. Cando o acendín tiña centos de chamadas e wasaps.

-Empregará coche propio ou do Concello para os seus desprazamentos?

-O meu, un Volkswagen Golf.

-Como leva o do traxe? Pensa renovar vestiario?

-Non, para nada. Vestirei como ata o de agora: sport no día a día e irei algo máis de traxe naqueles actos que así o precisen. Non vou cambiar por ser alcalde.

-Quen escolle a roupa cando vai mercar?

-Decidimos entre a miña muller e mais eu, pero tamén me deixo asesorar.

-Terá tempo para facer exercicio?

-Si, quero manter certas rutinas como ir correr dúas ou tres veces á semana ata a capela de santo Hadrián.

-E o de seguir en Malante?

-Son presidente de Malante e tereino que deixar. Primeiro porque é incompatible co cargo de alcalde, e logo porque supoño que ser alcalde supón viaxar, estar en cincuenta cousas, que mo van impedir. Pero Malante será sempre Malante e apoiareina sempre que poida.

-Irá de vacacións este verán?

-Non, imposible. Acabo de chegar á alcaldía e teño moito traballo por diante en todos os sentidos. Ademais agora comeza a tempada de verán e o turismo para Malpica é sagrado.

-Que lle falta ao seu despacho?

-Cambiar a cadeira, porque a que teño agora está moi gastada, ademais de ter o respaldo moi botado cara adiante.

-Que tiraría do que hai?

-Nada, a verdade. Tampouco me fixei moito niso, pero, en principio, nada.

-Con quen manterá a primeira entrevista de traballo?

-Cos traballadores municipais. Aínda que coñezo a moitos deles, quero presentarme formalmente, intercambiar impresións con eles e coñecer de primeira man as súas demandas e inquedanzas.

ANA GARCIA

Los retos del mandato

El polígono industrial. Tiene claro que hay que revitalizarlo como sea: «Ten que ser o grande eixe polo que se sustente a creación de emprego en Malpica». Y añadió: «Non pode ser que o único que medren sexan as toxeiras. Temos que ser capaces de xestionalo, de incentivar que as empresas, tanto de Malpica como de fóra, aposten por este polígono». Una de las primeras medidas será la de solicitar, como hiciera en su momento su homólogo pontecesán, Lois García Carballido, una reunión con la dirección del Sepes, para buscar una solución y ponerlo en marcha.

Empleo. «Todo o que sexa xeración de emprego ten que estar vinculado ao polígono», apuntó el nuevo alcalde de Malpica.

Casa da Auga. «A miña intención é abrila, sen dúbida». Y añadió: «Primeiro teño que ver, xunto cos técnicos, como se atopan as instalacións. Se están ben ou, se pola contra, hai que realizar algún tipo de investimento». También habló de buscar la fórmula para lograr los terrenos de acceso, titularidad del Arzobispado. Y recordó los problemas que tuvo el grupo municipal socialista cuando estaba en la oposición para poder ver el complejo: «O meu compañeiro Sergio [García Villar] pediu o pasado mandato en dúas ocasións, ambas en plenos, as chaves para ver a piscina, e denegóuselle por parte do PP. Agora que eu teño as chaves irei vela tan pronto poida e unha vez analizada a situación valoraremos, pero en principio téñoo claro: quero abrila porque así o comprometín en campaña».

Nuevos aparcamientos en el casco urbano. « É unha das miñas primeiras medidas. O centro de Malpica sofre dende sempre problemas serios de aparcamento e estacionamento. Tal e como comentei en campaña electoral, a miña idea é retirar a maior parte dos bolardos porque entendo que o único que fan é dificultar o aparcamento, ademais de xerar problemas aos condutores. Para iso falarei coa Policía Local, para ver como podemos resolver este tema. Tamén quero aumentar as prazas no centro da vila, e para iso xa temos varias parcelas buscadas. O problema é que son de titularidade privada e temos que negociar cos donos a súa cesión».

Turismo. «Unha das primeiras actuacións nesta área será habilitar unha, ou dúas, áreas de estacionamento para autocaravanas. Unha seguro, para que poidan limpar os depósitos da auga. Tamén considero, pero iso aínda temos que velo, que hai que facer unha área de aparcamento e descanso para autocaravanas como unha forma de fomentar este turismo». De forma paralela, cree necesario darle un impulso al turismo local, con una mayor promoción de las fiestas locales y de la Mostra Oleira.